lunes. 12.04.2021 |
El tiempo
lunes. 12.04.2021
El tiempo

O xaponés que quedou mudo en Sarria

Leo Las gratitudes (Anagrama) unha novela de Delphine de Vigan sobre unha muller maior que vai perdendo palabras enredadas na conta dos días 

Non ten medo á morte. Dálle pánico ver borrada a identidade por non saber pousar o seu nome sobre cada cousa. O filósofo Wittgenstein afirmaba que "a miña linguaxe é o meu mundo". Sabemos onde están as cousas e a función que teñen porque sabemos denominalas. Ao esquecer palabras perdemos receitas de cociña, perdemos amigos e, sobre todo, perdemos países enteiros do noso pasado incapaces de lembrar acontecementos importantes para nós.

Aprender idiomas é coñecer mundos novos. O meu pai aprendeu castelán na escola e galego na rúa da Algalia, en Santiago. Chegou a Galicia con 4 anos. Ao principio, os outros nenos do barrio pensaban que era árabe por ser moreno e falar raro. Soamente expresaba no seu vasco familiar. Aos 29 anos, cando empezou a traballar buscando gas no medio do deserto de Libia xunto con 80 noregueses e suecos, aprendeu inglés en tres meses.

Hai países aos que non me atrevo a acceder. Os rapaces viven no estranxeiro. Eu non comprendo que é random. Eles non entenden o que é aleatorio. Eu ignoro a que se refiren cando din flamear. Pásame coa linguaxe cifrada dos políticos. Lara Méndez visitou o venres un "edificio multiecolóxico de bioeconomía circular". 

Víctor Villarabid foi durante moitos anos delegado deste xornal en Sarria, en medio do Camiño de Santiago. Nunca deixou de entender a un peregrino porque amañaba para comunicarse con eles en francés e inglés. Unha vez apareceulle un xaponés cun sombreiro amplo coma unha antena parabólica. Nin francés nin ingés. Falarían xaponés ou nada. Villarabid mandou a crónica: "O peregrino xaponés estaba canso e non quixo facer declaracións". 

O xaponés que quedou mudo en Sarria
comentarios