lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Un bus na escaleira

LÓPEZ OROZCO cumpriu anos o mércores. Sigo os  comentarios do exalcalde nas redes. Teñen un fondo de escolástica, de combinar a filosofía e a teoloxía.

Axudan a pensar. Hai moito anos saudeino na escaleira da casa consistorial de Lugo. Bromeamos sobre Santo Tomé e explicoume os tres pasos do razoamento escolástico: Lectio (lectura), questio (asunto) e disputatio (debate).

Jesús Vázquez, o presidente federal dos barrios, cumpriu anos o mércores. Celebrouno cunha xuntanza con Rubén Arroxo. Quería facerlle reclamacións sobre os trazos do autobuses en Lugo. Presentouse ante o Concello cunha vintena de voceiros veciñais. Son moitos. Dá unha idea da vontade asociativa que ferve na cidade. Habería que contar os socios de cada colectivo, claro. Vázquez pretendía que todos participasen na disputatio porque fixeran a lectura e elaboraran a súa cuestión.

Arroxo pertence a ese Bloque que memorizou a heráldica do reino suevo. Cando está sentando, coas mans descansando nas pernas, parece o retrato dun cardeal. Solemne e atemporal, xira cabeza á esquerda para despregar a súa virtude política: escoitar.

A escenografía deseñada por Jesús Vázquez foi a acertada: vinte voces autorizadas por colectivos cidadáns ven impedido o seu paso á casa común para dialogar coa excusatio pandémica.

Se apostas a todo ou nada non podes quedar a medias. Non debes mandar emisarios. Ese xesto anulaba a posta en escena. Fernando Rois e Luis Abel sumaron o erro de prolongar a disputatio sen falar de buses. Deixáronse atrapar nunha reunión sobre a  reunión. A cuestión, o problema das frecuencias e os percorridos, quedara esquecida na escaleira. Jesús Vázquez non lembra o que advertía Tierno Galván: "Deus sempre axuda a un bo marxista".

Un bus na escaleira
comentarios