viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Mundiña regresa a ningunha república

O SOL DE abril é coma Xosefina de Beauharnais: bonito e mentireiro. Parece que quenta e non sube un grado a temperatura do fígado.

Napoleón ousou adentrarse na pirámide de Keops por ela. Unha noite durmiu no interior, na cámara real. Fíxose acompañar dun crego musulmán por se se vían en tratos co espírito do faraón. Someteuse a esa medo para conquistar o corazón volátil de Xosefina, que voaba cara a calquera oficial raso que lle sorrise. De volta a París o conquistador deitou riquezas aos pés da amada. "Que extravagante es!", contestou ela burlonamente.

Abril brillaba onte diante da galería de Jorge Espiral, xunto á catedral de Lugo. Apareceu Mundiña. Está vacinado e camiña erguido, pero teme que o médico lle impoña andar con bastón porque está cargando o xeonllo esquerdo. Botou media vida en Nova York. Marchou nos anos 50 porque non había república en España e volveu sen que a houbese. Carmen Calvo explicou que a monarquía parlamentaria é unha república na que hai un rei, ignorando a contradición. Napoleón desarmara o deserto de Exipto. Podía impoñer o seu capricho. A ministra Calvo non redactou un código civil; Bonaparte, si. El sabía distinguir entre monarquía parlamentaria e república. Cargouse a república francesa para ser emperador. Cubriron Notre Dame de tapices para a cerimonia. Caía a cachos.

O fundador de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez. era contemporáneo de Napoleón. Mandou construír un pazo na parte alta de Ribadeo, expresamente fóra das murallas medievais. O Demo apareceuse unha noite para reivindicar o solar como seu. Ibáñez contratou un freire do convento de San Francisco para que pasase as noites na obra por se volvía Becelbú, para que tivesen tratos. Non cría en Satán, pero era un xeito de facer ver aos seus inimigos que non era tan afrancesado e ateo.

Mundiña regresa a ningunha república
comentarios