Opinión

Sobremesas con Perico

Perico Delgado, en una retransmisión. TVE
photo_camera Perico Delgado, en una retransmisión. TVE

SE O CANTO do cuco anuncia a primavera, a voz de Perico confirma a chegada do verán. Sempre foi así. O domingo escoiteino contar outra vez a mesma anécdota de sempre daquel Tour dos 80. Así que, para min, o verán acaba de comezar. Dáme igual que os días de maior abafo xa pasaran e que o almanaque diga que alborece setembro.

Despois de tantos anos de sestas compartidas, pásame con Perico que me sinto sucio se o abandono nese tempo de solaz que sucede á sobremesa. Pero, ás veces, cando el vai ao baño no medio da retransmisión dunha longa etapa alpina, cambio a Eurosport sen que se decate. Non tardo en voltar a xunto del. É escoitar a voz resgada de Contador e sentir como o solombo da comida se me indixesta

comentarios