Opinión

Quique Setién e o estilo único

Quique Setién, en el Camp Nou. EFE
photo_camera Quique Setién, en el Camp Nou. EFE

COMO ME me gusta levar a contraria, ás veces incluso por convencemento, asumirei o ingrato labor de criticar a Quique Setién desde as páxinas deste xornal, cuxos lectores, na súa maioría, son fervorosos admiradores seus. E con razón, se atendemos á súa folla de servizos no Lugo. Pero Setién, na teimuda defensa dese estilo que certos gurús do fútbol queren converter no único posible, errou ás veces ao desprezar outras formas de entender o xogo. A intransixencia dos que se cren gardiáns das esencias. O caso é que non existe fútbol bo nin fútbol malo; existe fútbol ben ou mal executado. Sexa unha triangulación que permite romper as filas contrarias desde o xogo de posición, sexa unha contra de vertixe que remata en gol.

Comentarios