Opinión

Olores

Boris Johnson y Pedro Sánchez, en el Museo del Prado. ORTEGA
photo_camera Líderes mundiais de traxe e gravata. ORTEGA

DESCONFÍO DE todos os homes con traxe agás do que vai de negro na banda do Metropolitano. Teño a sensación de que cos seus armanis só tratan de ocultar algo terrible que levan cosido ao corazón. Unha maldade fonda que en calquera momento lles vai abrollar do peito rebentando as súas exclusivas gravatas de seda.

No cumio da Otan só había homes. Homes de traxe e gravata. Decidiron aumentar o gasto militar en nome da paz e celebrárono, elegantes e enchidos, no Museo do Prado. Acordos hugo boss para enmascarar almas varon dandy. Mentres, en Melilla cheira a morte. Que difícil é saltar o valo para os que non van vestidos de Gucci. 

Comentarios