Opinión

Je suis Borbón

Juan Carlos I saliendo del Náutico de Sanxenxo este domingo. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Juan Carlos I, emigrante retornado. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Foron días nos que a España rebelde, a que clama ante a inxustiza e levanta a voz contra o opresor, deu unha nova lección. Volveu o emérito da diáspora á que o empurraron e recibírono con honras en Sangenjo, saída natural de Madrid ao mar. "¡Viva el rey!", atronou nas Rías Baixas. E Juan Carlos, que nunca defrauda, ou case nunca, respondeu a tanto cariño con borbónico sorriso.

Tampouco defrauda, que se saiba, Florentino Pérez, outro oprimido. Renovou Mbappé co PSG e desde as modestas oficinas do Bernabéu, levantadas con esforzo grazas a humildes e traballadas recualificacións, estalaron contra os sucios petrodólares do xeque. #JeSuisBorbón. #JeSuisPérez.

Juan Carlos e Florentino teñen todo o meu apoio. Vostede non sei, pero un servidor sempre estará a carón dos máis desfavorecidos.

Comentarios