Opinión

Foliada no Congreso

Tanxugueiras
photo_camera Tanxugueiras, antes da aldraxe. EFE

Non lembro tanta indignación en Galicia desde o do chapapote. E aquilo ata foi pataca minuta, que diría Caneda, se o comparamos coa aldraxe de Benidorm. Menos mal que desta volta estiveron prestos os políticos. Feijóo tuiteou ao instante. E Gonzalo Caballero pediu a Medalla Castelao para as pandeireteiras. O BNG foi en bloque. E ata se sumou Galicia en Común á foliada de Rego no Congreso para preguntar polo sistema de votación do festival. O que non logren as Tanxugueiras... Ao fin toda a clase política galega unida. E todo para que se faga xustiza nun concurso televisivo. Ai la ra la lá. Non hai fronteiras. Agora só falta que unan as súas forzas para algo realmente útil.

PD: A canción non está mal. Ese non é o obxecto de debate. Pódena escoitar a continuación: 

Comentarios