Opinión

Feliz 1995!

Jesús Gil
photo_camera Jesús Gil. TELECINCO

FOI PÓR a Primeira e teletransportármonos varias décadas atrás. Alí estaban Ana Obregón e os Morancos, en inesperada homenaxe da tele pública á España máis rancia. Faltaba Jesús Gil en bañador, esplendoroso monte de sebo, asomando desde o jacuzzi do inferno para desexarnos un "feliz 1995!".

Cambiamos de inmediato, con tan mala fortuna que caemos onde a Chicote e a Pedroche. Duramos menos en Antena 3 ca unha prenda de abrigo no corpo da presentadora. Logo ignoramos Telecinco por prescripción médica e, tras un anecdótico paso pola Sexta, acabamos onde calquera galego de ben acabaría: na TVG. 

Chovía a fartar e no Obradoiro non estaba nin Deus. Sentímonos, por fin, na casa. Pedín un desexo e Paco Lodeiro deume unha vogal. O A. Aleluia! Benvidos a 2023, outro ano para o recordo. 

Comentarios