Opinión

En todas partes

Jamie Lee Curtis, Ke Huy Quan, James Hong, Jonathan Wang, Michelle Yeoh, Stephanie Hsu, Daniel Kwan y Daniel Scheinert posan con sus premios Óscar por la película 'Todo a la vez en todas partes'. ARMANDO ARORIZO (Efe)
photo_camera O elenco de 'Todo á vez en todas partes'. EFE
ADMÍTOO: quedei durmido aos 20 minutos vendo a gran triunfadora dos Oscar. Non é unha crítica. Pásame decotío, independentemente da calidade da película ou serie en cuestión. O confort da manta e o sofá logo da dura xornada laboral supera as ganas de consumir cine. Inflúe tamén o exceso de oferta: a restra de plataformas e o seu interminable catálogo converten en monótono todo o especial que ten a liturxia de visionar un filme. Quen pode ver todo á vez en todas partes? Que me perdoe o deus Porco por esta comparación, pero un non pode comer churrasco todos os días, por moito que lle guste, xa que corre o risco de aborrecelo.

Comentarios