Opinión

Dez anos

O meu amigo recibe o agarimo doutro colega. ARQUIVO
photo_camera O meu amigo recibe o agarimo doutro colega. ARQUIVO

TEÑO UN amigo que leva dez anos de camareiro nun bar. Cando chegou, o local, que vivira tempos mellores, estaba ás beiras da ruína. Con esforzo e humildade conseguiu levantalo. Alí xuntáronse de novo literatos, políticos, músicos, curas, empresarios e outros delincuentes habituais como traficantes a pequena escala e xornalistas. Non faltaba ninguén.

Un día, o meu amigo, que tiña unha folla de servizos sen mácula, cometeu un erro: serviu unha tapa en mal estado. A primeira en dez anos. Os clientes comezaron a desfilar polo baño e algúns pediron o seu despedimento inmediato. Non lles parece moi inxusto? Pois ao meu amigo Cholo tamén.

Comentarios