Opinión

Desbotando temas

Rajoy e Felipe, en La Toja, a illa anteriormente coñecida como A Toxa. EFE
photo_camera Rajoy e Felipe, en La Toja, a illa anteriormente coñecida como A Toxa. EFE

DURANTE TODA a semana barallei varios temas para encher este espazo e todos os fun desbotando por ser ofensivos para algún colectivo e/ou tribo urbana. Pensei en escribir sobre o foro da Toxa —La Toja, segundo os organizadores—, pero descarteino porque as persoas maiores merécenme todo o respecto, incluso Felipe González. Sen deixar a xerontocracia, sopesei falar da carreira electoral de taca tacas nos Estados Unidos, pero de Trump pouco hai que dicir e Biden... a quen lle importa Biden? Tentoume tamén o debate sobre a monarquía e a compilación de cen voces que a defenden e que recolleu o ABC, pero lin que entre elas estaba Paco Buyo... e botei a rir. Por non falar das gargalladas que me provocou o vídeo no que, de Mariano Rajoy a Belén Esteban, insignes persoeiros da política e a farándula patria proclaman "Viva el Rey". Finalmente meditei escribir sobre cansina polémica arredor do Madrid confinado. Faltaríanme liñas para tanto exabrupto. Así que, desesperado e sen ideas, optei por non falar sobre nada diso e acabei escribindo sobre retórica.

Comentarios