Opinión

Decatar

Un home observa un dos estadios do Mundial de Catar. MARTIN DIVISEK
photo_camera Un home observa un dos estadios do Mundial de Catar. MARTIN DIVISEK
ARTISTAS, streamers, políticos e cuñados varios decidiron boicotear a Qatar. Denuncian un Estado que viola dereitos humanos, humilla mulleres e mata obreiros. Todo iso é certo. Tanto como que os que levan as mans á cabeza son os mesmos que calan cando o que viola dereitos é España no valo de Melilla, os que miran cara a outra parte cando lles falan das 40 mulleres asasinadas en España só en 2022 e os que colgan en Instagram a foto co último modelo de Zara feito en talleres ilegais de Bangladesh. En poucas cousas hai tanta xenofobia e hipocrisía como nas leccións morais do Occidente bempensante. E non nos queremos decatar.

Comentarios