Opinión

O que non cambia

Pádel. ARQUIVO
photo_camera Pádel. ARQUIVO

HAI NON demasiado tempo, os colegas que quedabamos para xogar aos dardos, tomar un Jameson e debatir iradamente sobre calquera trangallada con argumentos incuestionablemente inventados decidimos bautizarnos como a Quinta do Fraggle, en homenaxe ao noso habitual centro de operacións nocturno. 

Agora convertémonos máis ben na Quinta do Pádel. O whisky cambiou polo Aquarius e os dardos tomaron forma de pa, aínda que as discusións iradas, por sorte, permanecen.

Hai poucas cousas que, logo dunha década, non muden. Ocórrenseme, sen pensar moito, a faciana de Jordi Hurtado, a maioría absoluta do PP en Galicia e as arbitraxes no Bernabéu. O resto é voluble como os principios dun político.

Comentarios