Opinión

Bocatas a 12 euros

Un bocata xigante. ARQUIVO
photo_camera Un bocata xigante. ARQUIVO
EN SANTIAGO vén de abrir un bar que vende bocatas a 12 euros. Sospeito que estarán recheos dunha boa presada de pretensiosidade, que sempre encarece. Que me desculpen, pero por ese prezo un pode pegarse unha enchente de churrasco e aínda sobra para o gin tonic. A zona vella de Santiago converteuse nos últimos anos nun parque de atraccións ideado para o visitante. Un paraíso infernal de pisos turísticos, albergues, tendas de efémeras lembranzas e restaurantes pensados antes para o salario do pelegrín xermano que para a nómina que se paga no polígono do Tambre. Tristes son as cidades que esquecen os veciños. Tristes as que ofrecen bocatas a 12 euros antes que cuncas de viño.

Comentarios