Opinión

Prevención coa auga

CANDO UN ten a casa ao pé dun río e chove con ganas só pode agardar a que as consecuencias sexan mínimas cando pase a enchenta. Ben distinto é se a túa vivenda estaba nun lugar no que a agua non tería razóns para apozar, ata que a intervención humana o fai posible. A Chaira é unha zona húmida, sucada por mil regatos e cando chove forte, hai consecuencias, mais estas terían que ser só polo efecto da natureza, non polo deseño defectuoso dun proxecto, por exemplo o arranxo dunha estrada, que unha e outra vez se fai sen ter en conta as variables. E se a isto lle sumamos cauces e cunetas sen limpar... xa temos o lío montado.

Comentarios