Opinión

Máis servizos e menos tesoiras

QUIZAIS SUPRIMIR BAC no Castro da Uz, en As Pontes, cando a dous pasos está o Moncho Valcarce, non supoña un drama. Hoxe. Pero serao mañá. Sen ser adiviña, deixar o instituto pontés sen bacharelato e sen a opción de matricularse —non entendo como se pode ter claro que non hai alumnos se non os deixan inscribirse— é un primeiro paso cara a supresión posterior da ESO. E, quen sabe, quizais dun centro que xa perdeu algún ciclo de FP. E non se debería permitir. Igual que o que sucede en Muras. Un colexio cunha única profesora e dez alumnos; un con necesidades especiais. Os servizos públicos deberían axudar á xente, non condenala.

Comentarios