Opinión

Toda unha vida adicada ao IES Castro da Uz

ESTE ANO xubilouse Tino, o noso prezado conserxe. Tino estivo ligado ao cen tro dende incluso antes da súa inauguración, alá polo curso 1980/1981, posto que participou nos labores de construción do mesmo.

Isto permitiulle coñecer como a palma da súa man todos os recunchos e detalles técnicos do edificio, o que foi de gran valor, facilitando as posteriores reformas e ampliacións.

Tino

Nos primeiros tempos, vivía coa súa familia na vivenda que dispón o centro para os conserxes, e ademais, axudaba na xestión da cafetería do instituto á súa muller, Adela, tamén querida e admirada por todos.

Os comezos foron ‘curiosos’. Non tiña un espazo de traballo propio, traballaba nunha mesa debaixo das escaleiras e a fotocopiadora estaba gardada den tro dun cuarto pequeno, tendo que desprazarse dun lado para outro cada vez que alguén preci saba fotocopias. Non foi ata comezos deste século cando tivo o seu propio espazo de conserxería dotado de todo o material necesario.

Sempre custodiou as chaves das diferentes dependencias e os balóns nos recreos coma ninguén. No seu tempo de lecer encantáballe camiñar e atopar intres para ir á aldea. É afeccionado á música, en especial á gaita, instrumento que tocaba e co que moitas veces ten ensaiado no garaxe do instituto.

Aínda que se define a si mesmo como unha persoa de carácter serio, os que traballamos con el durante anos sabemos que lle gustaba observar, escoitar e falar distendidamente facendo uso da retranca ante as pequenas cousas da vida.

Nos 40 anos que durou a súa etapa de traballo no centro, viu pasar oito directores e directoras, moitas xeracións de alumnado e moitos profesores. Deixou en todos nós unha fonda pegada pola súa discreción, disciplina e exemplaridade no traballo, e sobre todo pola LEALDADE que mostrou ao centro e ás persoas que nel traballan, sentíndoo como se fose a súa casa, coidándoo, preocupándose por el, e estando sempre pendente, tanto nas fins de semana como en períodos non lectivos.

É por todo isto, que a comunidade educativa do instituto Castro da Uz quere agradecerche dende o corazón que compartises con nós os mellores anos da túa vida. Xa tes máis que gañado o dereito a unha nova etapa na que descansar e gozar xunto a Adela de paseos matinais, de visi - tas á aldea e de todo o que non puideches facer nestes anos de dedicación. GRAZAS TINO!

Comentarios