HAI VECES na vida nas que sabes perfectamente o que vai suceder. Non fai falta ser Aramis Fuster para afirmar que a moción de censura encabezada por un nonaxenario fracasará. Nin é necesario que nos posúa o espírito de Sandro Rey para agoirar o borbónico futuro de Froilán. Sabemos, sen necesidade de bólas de cristal, que o capitalismo nos traerá unha nova crise devastadora.
E incluso que sairemos dela con promesas de cambio que nunca cumpriremos. Pero, sobre todas as cousas, temos unha certeza absoluta: volverán expulsar un xogador do Atleti no Bernabéu. Porque a historia, como cantaba Reincidentes, sempre se repite.