Opinión

Sobredose de nostalxia

A pintada da Rúa Falcón. GSW
photo_camera A pintada da Rúa Falcón. GSW
SOBREDOSE DE nostalxia podería ser o nome dunha banda tributo á Movida madrileña, pero en realidade é o que me pasa cada vez que volvo a Lugo por San Froilán. Amoréanse recordos de hai anos e, como nos xuntamos varios que levamos tempo sen vernos, sempre abrollan vellas historias. Moitas delas teñen o Rivendel como escenario. O Riven xa non existe, pero o peor é que na baixada que conducía cara a ese inferno celestial borraron a pintada máis fermosa que había en Lugo. Unha frase de Benedetti que dicía: "Que los barrotes de las celdas se vuelvan de azúcar o se curven de piedad". Encarceraría a quen o fixo. Sen dúbida.

Comentarios