Opinión

O lume na Ribeira

Non vou descubrir agora que o gran nicho galego na Galicia interior é a Ribeira Sacra, que pasou históricamente por etapas de esplendor á decadencia,ata chegar ó gran descoñecemeneto por parte dos galegos, aspecto algo incomprensible dun lugar de arte, paisaxe, arquitectura e actividade agraria peculiar. A realidade é que foi unha zona ignorada e deixada da man moito tempo ata o ultimo coarto do século XX. Esquecemento que sucede a miudo a todos os niveis e en todas as épocas, senón que llo digan a Van Goh, polo que non é ningunha nova, pero o importante é o final, que neste caso resulta ser unha área destacable, pero tamén moi fráxil.

A Ribeira Sacra ten unha área estructurada básicamente polos canles dos ríos Miño, Sil e Cabe. Estes canles dan lugar a unhas ribeiras pronunciadas en gran parte dos seus recorridos, que son gran atractivo para o visitante, acentuada esa atración pola intervención do home nelas para cultivo de viñedo. Para elo, tiveron que facerse muras dando lugar a unha arquitectura rural peculiar e digna de ser conservada por intereses socioeconómicos e culturais.

Moitos inda podemos lembrar os anos setenta, cando a propagación dos incendios tomaran aire de andacio pola frecuencia de tais acontecementos. Era unha etapa en que empezaba a preocupar aquela verdadeira barbarie; feito que non era difícil entender que tiña moita intencionalidade, inda que as condicións climáticas empezaban a axudar a facer boa «cama» para disfrute dos de intencións retorcidas. Os que naceramos no campo estabamos acostumados a ver incendios, pero aquelo tamén nos sobrepasaba.

Os resultados eran evidentes, superficies espidas onde desaparecia a sensación de vida e a superficie agarimosaamente cuberta de materia orgánica e con actividade vital, perdiase con facilidade pasmosa.

Os do mundo rural que por circunstancias nos tocara apagar lumes, sen ser profesionais, ben sabiamos como se comporta ese lume, sobre todo en zonas empinadas e encañonadas, e por suposto a súa dificultade para intervencións de apagar e de prevención. Isto creaba preocupación polas consecuencias en casos de producirse esta circunstancia ‘lumínica’. 

Somos conscientes da desfeita dun incendio forfestal en lugares sen peculiaridades destacables, pois podemos imaxinarnos noutras situacións como pode ser en gran parte da Ribeira Sacra.

Seguro que a maioría da xente da Ribeira Sacra, cando se iniciaba a recuperación do viñedo na conca do Sil e do Miño, estaba máis concentrada na produción de uva e viño prioritariamente, namentras o equipo representativo da administración activador deste proxecto, tiña en conta diversos aspectos complementarios a ese obxectivo nuclear da custión vitivinícola, entre eles, o problema dos incendios.

Non se podía ser alleo, entre outros factores, á importancia das construcións realizadas polo home, á paisaxe potenciada por esa arquitectura, fundamentais para unha atración turística que para o futuro se esperaba que se tivera.

Esa área que hoxe admiramos, tiña moitos aspectos propicios para desestabilizar a zona, agás as formas naturais marcadas polos ríos. Obviamente que para moitos, fai medio século podía ser intrascendente esta apreciación, pero pensando nun futuro, os resultados de factores destructivos, entre eles o lume, podían ser desastrosos.Aquel equipo de traballo tiña en consideración que no momento en que a zona acadara fama, podía convertirse nun gran divertimento incendiario para disfrute dos desalmados que teñen un delirio cos incendios que non se entende.

Por elo que se estimou e se estima que as barreiras agrarias productivas e antindenciarias serían de valor polivalente: por un lado a produción agraria coa mellora da paisaxe, por outra actuar como freo incendiario, sen esquecer a diversidade productiva; aspectos que non son de difícil comprensión.Por ese motivo, naquel equipo estimábase que se debera recuperar superficie agraria se fora necesaria, básicamente onde houbera tradicionalmente muras. 

Por suposto que todo o que sexa destrución desa historia física trae perxuicios encadeados que rematan en síntese no empobrecemento zonal. Esa cadea fórmase desde a paisaxe, pasando pola materia prima producida, a gastronomía xeral e específica e a afluencia de viaxeiros. Si se destrue o que a natureza ofreceu e o home soubo formatear, adeus ó turismo sobre todo ó de calidade.

A Ribeira Sacra, ademáis de eirexas e mosteiros ten moitos microclimas baixo a paraugas da influencia atlántica e toques mediterráneos, por iso é un nicho da viticultura e doutros cultivos tradicionais que deben ser recuperados, como tampouco esquecerse de implantar algún cultivo subtropical.

Exemplo importante a seguir é o caso das mazás que deron lugar a unha industria sidreira pola que sempre apostaron os irmáns Méndez e que hoxe é un expoñente dunha gran industria cerveceira galega e dinamizadora de mazas noutras zonas da nosa xeografia galega. O mesmo podíamos falar da castaña e da familia Areán

Todo elo levarianos ademais de ampliar a obtención de materias primas tamén teriamos a posibilidade de transformalas a base de empresas, remitindome ó caso dos exemplos citados. Ese incremento de materias primas e de productos transformados, serían o mellor escaparate para a nosa gastronomía, que é o mellor índice de saúde dunha sociedade, despois do hospitalario; porque comer é unha necesidade, ademáis un pracer e comer ben é comer san; reclamo insuperable. Este paso axudaría a mellorar a excelencia gastronómica, enriquecendo a cociña tradicional; coa que se defende a simplicidade e os bos productos.

Como resume, nesta área de ribeira peculiar hai que apostar pola agricultura para de forma indirecta loitar contra o lume e xerar riqueza, que parece que feito o do viño, o resto enquistasenos nos miolos. 

Amigos: sempre é mellor que se vexa o perigo da lapa dentro, antes que se atisbe fora o fume.

Comentarios