Opinión

A cova da silva

ROEL ERA un gran zoqueiro galego, Mari Luz, a ama de crianza dunha familia de apelido moi coñecido na comarca, ambos os dous botaban grandes tempadas fóra da casa, xa que os seus traballos requeriano así.

Eles xunto cos seus seis fillos formaban unha gran familia, e sen esquecer a Constanza, esa avoa que facía todo o posible e imposible para que a eses nenos non lles faltase o cariño pola ausencia dos pais.

Bernandino era o fillo primoxénito, un rapaz de 16 anos, con moitas ganas de triunfar na vida, o que se di, un gran soñador.

O 1 de marzo chegou unha carta postal ao nome de Roel: "O noso máis sentido pésame, estando de viaxe en Barcelona, a causa dun incidente cunha carruaxe, faíselles saber que Dona Mari Luz falecía".

Na casa non daban crédito o que esas líneas contaban, unha despedida nunca desexada da persoa máis amada. Tamén se lles facía saber que para traer o corpo ao pobo, facían falta unha cuantía de cartos, dos cales non dispoñían.

Os vecinos da aldea enteráronse da mala nova, e entre todos reuniron uns cantos aforros, pero aínda así, iso non alcanzaba ao importe pedido. Roel foi á casa de empeño e non lle quedou outra que hipotecar a súa casa.

Despois duns días de loito, Roel tivo que levar a Bernandino consigo para aprender o oficio, xa que os cartos facían falta máis que nunca. Despois de botar unha tempada de aprendriz, o rapaz xa estaba preparado para comezar unha nova etapa da súa vida.

Colleu a ferramenta, a súa mellor mula e encamiñouse cara as montañas de Lugo. Decidiu facer a súa primeira estancia no concello de Xermade, alí tivo a gran sorte de atopar xente moi amable. A primeira casa que lle abriu as portas era unha familia gandeira moi querida na zona.

Faríalle as zocas á señora da casa, e se quedaban contentos faríallas ao resto da familia. Él sabía que tiña que esmerarse moito, era a oportunidade de ter boa sona.

Estando traballando, nun descanso alzou a vista e veu a unha rapaza que pasaba por alí, e quedouse abraiado da súa beleza. O dono da casa fixouse e advertiuno de que Ana, que era así como se chamaba, xa estaba comprometida.

"Quedou abraiado pola beleza de Ana. Pero ela, xa estaba comprometida"

O corazón de Bernandino non quixo escoitar, e ao atardecer buscouna, tiveron unha boa parrafada, sentíronse moi cómodos falando. O zoqueiro pediulle de poder volver a vela. Así botaron unha tempada, sen que nadie soupera dos seus encontros. Chegou o día en que Bernandino rematara o encargo que lle fixeran, sonaba a unha despedida non desexada. Pero fixéronlle saber que outra familia requería dos seus servicios. O que non sabía o zoqueiro era que nesa casa estaba o prometido de Ana.

Nunha conversa, Bernandino púxose a falar de Ana con moitas expresións, iso fixo enfadar ao prometido. Este foi falar con ela, pedirlle explicacións. Ela acobardouse e fíxolle saber que xamais volvería ver o zoqueiro.

Pero esa promesa non foi cumprida por Bernandino que en canto puido fixo unha escapada. Ela confesoulle os sentimentos que tiña pero que non podían levarse a cabo xa que estaba prometida dende pequeña. Os dous non paraban de apertarse.

Esa noite estaban sendo observados pola nai do prometido de Ana. Despois de velos xuntos decidiu ir á bruxa do pobo veciño para botarlles unha maldición, que ese amor non se levara nunca a cabo.

Na noite do 23 de xuño a parexa volvíase a reecontrar, Ana tiña escoitado que era unha noite máxica onde os desexos se cumprían, e eles tiñan un para pedir. Para selalo déronse o primeiro bico. Despois de estar falando un anaco, Ana comezou a notarse distinta e quixo marchar para á casa, pero xa non tiña forzas, e tivo que facer unha parada nunha cova que atoparon polo camiño, Bernandino correu pedir axuda. Cando regresou, Ana xa non estaba.

Buscaronna toda a noite, Bernandino non se cansaba de chamala, pero aquilo foi como se a terra a tragase.

Bernandino voltou ao ano seguinte e sentiu como unha muller choraba, era Ana. Estábao esperando.

Así cada noite de San Xoán, na Costa da Silva síntese a Ana chorar polo amor que nunca puido ter.

María Pilar Dopico Seco

Comentarios