Opinión

Os pendellos están no ADN dos galegos

A SENTENZA de derribo contra unha adega do Saviñao que se construíu en terreo rústico e sen autorización autonómica non é unha excepción na Ribeira Sacra. Chega con dar un paseo polo río Miño entre Belesar, San Fiz e Pesqueiras para ver como pequenas adegas de garda que apenas levantaban metro e medio do chan fai medio século duplicaron o seu tamaño con máis ou menos gusto. O de facer pendellos vai no ADN dos galegos e semella que o de reconverter pendellos en casas, vivendas ou churrascos para a fin de semana, tamén. Nese camiño quedan á marxe os permisos, os materiais, os criterios estéticos ou a concordancia coa paisaxe.

Comentarios