Opinión

Hai que mimalo

O GALEGO hai que coidalo. É patrimonio e responsabilidade de todos. Non basta cunha portada ao ano nos xornais ou con dedicarlle a festa das letras a Xela Arias ou a quen corresponda. O galego non pode ter un día de reivindicación ao ano, senón que hai que reivindicalo e mimalo cada día. Nun momento no que o seu uso decae, sobre todo nas cidades e entre a rapazada, é máis necesario que nunca poñelo en valor e darlle pulo. "Na fala vive a alma da nosa terra", dicían os antergos. "E se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma", sostiña Castelao. Así que non deixemos esmorecer unha lingua con palabras tan fermosas como afouteza, enxebre, ledicia, luscofusco, fervenza, sentidiño, esmorga, rula, sapoconcho, aloumiño... e tantas outras.

Comentarios