Opinión

A nosa lingua

GALICIA ESTÁ hoxe de festa para celebrar un Día das Letras que chega nun momento de certo retroceso no uso do idioma propio nas cidades e sobre o todo entre a xente nova. Isto último resulta moi preocupante, pois a rapazada representa o futuro dun pobo e unha lingua. «Valentes mozos galegos, xa é hora de espertar; de ouvir da terriña os pregos e de por ela loitar», escribiu Florencio Delgado Gurriarán, que é hoxe o homenaxeado. Unhas palabras que non perden vixencia, pois sempre hai moitas cousas polas que loitar e de forma especial pola defensa da lingua. Como dixo Castelao, «ningún idioma alleo —por ilustre que sexa— poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego».

Comentarios