A Chaira

VII Concurso de Tapas de Meira

Un total de doce locais de hostalaría de Meira participan dende esta tarde ata o domingo neste certame, cuxas propostas se poden degustar a partir das 20.00 horas a un prezo único de dous euros.

Os clientes poderán votar polas súas tapas favoritas, sempre que caten un mínimo de seis, e tamén poderán entrar no sorteo de vales de compra de 300, 210 e 90 euros, para o que é necesario completar a ruta dos doce establecementos.

O reconto deste concurso, organizado polo Concello coa colaboración dos hostaleiros e a Apehl, farase o día 2 e os premios entregaranse o día 4 na casa do concello. Fotos de Teófilo López

Comentarios