''Trátase de aprender a conservar as sementes''

Fran Fernández, coordinador da Rede de Sementes, que hoxe ten unha charla e organiza un mercado de sementes

Organizan unhas xornadas sobre sementes, que arrancan hoxe. En que consiste o acto rogramado para este serán?

Hoxe, as 20.30 horas na Cova da Terra, hai unha charla que vai dirixida a ensinar como conservar as sementes. Será unha conferencia amena e de contidos ao alcance de todo o mundo. O punto de partida é que se estima que se perderon en torno ao 30 por cento das variedades locais que había en Galicia e que o risco de hibridación é moi alto. Por iso, trátase de aprender como conservar as sementes e cuestións claves como recoller as sementes no momento óptimo.

Preparan tamén un intercambio de sementes. En que vai consistir?

Será o día 16, a partires das 19.00 horas no local de Vagalume. O obxectivo é intercambiar sementes entre horticultores, para intentar preservar especies locais e que non se perdan. A partir desa experiencia, o reto é facer un seguimento e ter datos de productores que contan con sementes locais. Multiplicando o proceso será máis fácil conservar.

Cantas especies contan intercambiar?

Non sabemos. Vai depender do que teña a xente que acuda a facer intercambio.

Comentarios