A Chaira

Patronais de Meira 2019

Veciños e visitantes gozaron das festas na horna de Nosa Señora e San Roque, que arrincaban con batucada, cabezudos, concerto da Banda Municipal de Música de Meira e o pregón do copiloto Diego Vallejo. Dende o martes 14 ata o sábado 17, día da Xira Campestre en Porto da Pena, houbo animación na rúa, celebracións relixiosas, actividades para os máis pequenos e verbenas amenizadas por New York, Garibaldi, Olympus, La Favorita, Kubo e Nevada Band. O domingo 18 toca celebrar a XXVIII Festa da Malla de Meira

Comentarios