coronavirus

Se non podes hoxe... 'Viaxa Mañá'

A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña nacional e internacional, “Viaxa mañá”, que pon en valor os recursos da provincia de Pontevedra e o esforzo que está a facer o sector turístico ante a pandemia e que, nestes momentos de confinamento nos que todas e todos temos que quedarnos na casa, en Pontevedra provincia “tanto o sector privado como as administracións estamos a traballar para que poidan vir mañá e se atopen con todo o que esperan”.

Trátase dunha aposta “emocional e desde a necesidade dos afectos”, que se fai a través dun audiovisual que recolle, en liña cos argumentos da Organización Mundial do Turismo, o chamamento á solidariedade e responsabilidade das persoas para que apracen á desexada viaxe ás Rías Baixas, onde agardan numerosos recursos turísticos “dos que estamos a coidar”, xunto a un sector turístico unido “que está a facer un grande esforzo para dar resposta a este reto”, tal e como se detalla na peza de vídeo.