A Chaira

Movemento no Mundial de Danza

A Escola de Movemento de Vilalba participou no Mundial de Danza de Sitges con catro coreografías. Acro Trolls acadou un oitavo posto con 70,8 puntos, Habelas Hainas quedou décima con 74,8, Pipi clasificouse en duodécima posición con 89,5 puntos e Romaría foi 15ª con 76,7 puntos. "A experiencia foi moi enriquecedora para todos e todas, aprenderon recursos novos que de seguro lles servirán para mellorar e ademais fixeron un móntoón de amigas de diferentes partes do mundo, o que lles serviu para practicar o inglés. Voltan felices", explicaron dende a escola, que unha vez máis agradece a colaboración de todos os que fixeron posible esta viaxe.

Comentarios