Imprimir

Kabasele marcha á 'mini' NBA

El Progreso de Lugo | 20 de enero de 2020

Kabasele, nun partido co Breogán. SEBAS SENANDE
Kabasele, nun partido co Breogán. SEBAS SENANDE
O pivote congoleño do Breogán, que estaba cedido no Canoe, probará sorte no equipo vinculado aos Denver Nuggets

O pivote congoleño Herve Kabasele, xogador cedido polo Breogán ao Canoe madrileño, abandonará a disciplina do club no que milita para continuar a súa carreira nun equipo da liga de desenvolvemento da NBA, segundo confirmou ante o medios Miguel Ángel Aranzabal, o seu actual adestrador. Concretamente xogará no equipo vinculado aos Denver Nuggets.

Kabasele chegou ao Breogán a finais de 2017, pero apenas puido xogar uns poucos partidos ao sufrir unha grave lesión. Tras recuperarse, o club lucense cedeuno ao Canoe, tamén da liga Leb Ouro, onde estaba a gozar de minutos e facendo bos números.

Kabasele, cuxa marcha avanzou na súa conta de Twitter o xornalista de Radio Galega Millán Gómez, segue así o camiño doutros destacados xogadores congoleños na NBA, como Serge Ibaka, Emmanuele Mudiay ou Bismack Biyombo.

O xogador ten contrato co Breogán ata 2021 e seguirá xogando como cedido. Se algún equipo da NBA o quere terá que indemnizar ao conxunto lucense, segundo confirmaron fontes do club celeste ao Progreso. O Breogán non ten previsto facer oficial este movemento ata que o acordo non estea rubricado por todas as partes implicadas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/deporte-local-lugo/kabasele-marcha-mini-nba/202001201431031418258.html


© 2020 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)