Imprimir

Cervera-Mercadillo faise co premio Galicia en Foco 2018

El Progreso de Lugo | 08 de Septiembre de 2018

'Bágoas das que non apagan lumes', a foto de Javier Cervera-Mercadillo premiada por Galicia en Foco.
'Bágoas das que non apagan lumes', a foto de Javier Cervera-Mercadillo premiada por Galicia en Foco.

A imaxe, tomada tras os incendios nas Neves de finais do ano pasado, foi publicada no Diario de Pontevedra
 

O fotógrafo pontevedrés Javier Cervera-Mercadillo vén de facerse co premio á mellor  foto O fotoxornalista Javier Cervera-Mercadillodo ano no certame Galicia en Foco por unha imaxe tomada tras os incendios nas Neves de finais do ano pasado e publicada no Diario de Pontevedra. Convocado polo Club de Prensa de Ferrol, o galardón está dotado en 2018, por primeira vez, con 1.000 euros.

A foto, titulada Bágoas das que non apagan lumes, foi tomada o 15 de outubro de 2017 no concello das Neves e publicada na contraportada do Diario de Pontevedra o 31 de decembro (se ben parte da mesma serie saíu nos días seguintes aos lumes). "A imaxe mostra a desolación dunha anciá ante a perda que causou un incendio na súa casa", indica o premio de fotoxornalismo.

Ademais o xurado do certame concedeulle unha mención especial á serie 'Rapa das bestas', de Javier Arcenillas, publicada no magazine Papel, de El Mundo, o 5 de xullo de 2017.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /gl/articulo/cultura/javier-cervera-mercadillo-faise-co-premio-galicia-foco-2018/201809081333401332488.html


© 2018 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)