Galicia continuará este mércores baixo a influencia da borrasca Bárbara, con ventos do suroeste. Desta forma, espérase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes no sur e oeste e moito máis illados e ocasionais no terzo norte.
As temperaturas quedarán sen cambios significativos, e os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, aumentando a fortes entre Bares e Fisterra.