Un motorista precisou de asistencia médica este xoves ao sufrir unha caída na LU-530 no termo municipal da Fonsagrada.
O incidente rexistrouse sobre as seis da tarde cando o lesionado, que circulaba con outros motoristas, perdeu o control do seu vehículo á altura do punto quilométrico 50, cerca do alto do Cerredo.
Persoal do servizo médico 061 deu o aviso á central galega de urxencias do 112, que mobilizou tamén a efectivos do grupo de Protección Civil da Fonsagrada e operarios de conservación de estradas. O accidentado foi trasladado a un centro hospitalario, en principio con feridas leves.