Detido un home por agredir sexualmente a dúas mulleres na rúa en Ribeira

Unha muller denunciou que cando se atopaba soa na rúa un home "agarrouna fortemente dos brazos para, acto seguido, comezar a realizarlle tocamentos" ►Outra muller cando ía ao seu vehículo foi sorprendida por este individuo, "que lle insistiu" para manter relacións sexuais
Un detenido esposado. AEP
photo_camera Un detenido esposado. AEP

Un home de 32 anos foi detido por supostamente realizar agresións sexuais a dúas mulleres na rúa en Ribeira no mes de outubro. 

Segundo relata a Policía nun comunicado, a principios de outubro unha muller denunciou que cando se atopaba soa na rúa un home "agarrouna fortemente dos brazos para, acto seguido, comezar a realizarlle tocamentos con clara intención sexual". A vítima logrou zafarse e correr para refuxiarse nun establecemento de hostalaría. 

Posteriormente, a finais de outubro a Unidade de Atención á Familia e Muller tivo coñecemento de que outra muller cando ía ao seu vehículo foi sorprendida por este individuo, "que lle insistiu" para manter relacións sexuais. 

Após iso, o home "introduciuse no vehículo con violencia e abalanzouse sobre a vítima co único fin de consumar os seus desexos sexuais". Entón, a moza iniciou bruscamente a marcha coa porta aberta e logrou desprenderse do home e fuxir do lugar.
 
O home foi detido o pasado 11 de novembro e posto a disposición xudicial. O presunto autor xa realizara intento de abuso sexual a outra moza en xullo de 2018.