Un incendio forestal afecta a nove hectáreas en Quiroga

O lume afecta á parroquia de Vilar de Lor
El incendio de Quiroga. @ATBRIF
photo_camera O incendio de Quiroga. @AT_BRIF

Un incendio forestal arrasou unhas nove hectáreas este venres en Quiroga, onde se iniciou arredor das 17.15 horas. O lume, controlado sobre as 20.00 horas, afectou á parroquia de Vilar de Lor.

Na súa extinción traballaron dous helicópteros, un avión, oito brigadas, catro motobombas e dous axentes. Galicia estivo este venres en alto risco de incendio polas condicións climatolóxicas.

LUME EN SANTIAGO. Por outra banda, en Santiago de Compostela declarouse outro incendio unha zona próxima ao Hospital Clínico, na parroquia de San Paio. 

[O lume de Santiago. IRACI P.]

O incendio de Santiago. IRACI P.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o lume iniciouse sobre as 16,40 horas e "non hai perigo" para casas, aínda que existen vivendas próximas. 

Nas tarefas de extinción traballan un avión, catro helicópteros, sete brigadas, catro motobombas e un axente.

Comentarios