O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra anima aos veciños e xa se prepara para vida após da pandemia

Crearon a iniciativa "Hoxe quedas na casa...", na que diferentes concellos e asociacións lanzan mensaxes para os residentes e futuros visitantes
O Miño e os viñedos da Ribeira Sacra son dous dos atractivos do Camiño de Inverno. CAMIÑO XACOBEO
photo_camera O Miño e os viñedos da Ribeira Sacra son dous dos grandes atractivos. CAMIÑO XACOBEO

O coronavirus fixo mudar moitos plans e vidas. Desde o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra analizaron esta situación e quixeron crear un vídeo mediante o cal facer unha "achega de ilusión para os veciños e veciñas".

Esta iniciativa, que leva o nome de "Hoxe quedas na casa...", tamén se centra en futuros visitantes. A eles recórdalles os eventos dos que poderán gozar cando todo isto remate.

Por último, dende a asociación, lembran que están ante "un destino unido hoxe máis ca nunca que se enfronta agora a un dobre reto: reinventarse para levantarse de novo e loitar pola distinción da Unesco como Patrimonio da Humanidade no 2021".

Comentarios