Imprimir

Os ceos estarán anubrados este venres en Galicia

Redacción | 22 de octubre de 2020

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, e con lixeiros descensos nas máximas

Durante o venres Galicia quedará nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con circulación do oeste que achega humidade dende o mar.

Con esta situación, agárdanse ceos anubrados con posibilidade dalgún chuvasco illado, máis probable pola mañá.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, e con lixeiros descensos nas máximas. Os ventos serán de compoñente oeste en xeral, frouxos, con intervalos de fortes no litoral norte.

meteogalicia

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/noticias/ceos-estaran-anubrados-venres-galicia/202010222225301466075.html


© 2021 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)