Imprimir

Case a metade dos deputados son mulleres tras a chegada de Patricia Otero e Flora Miranda

Efe | 11 de Septiembre de 2018

Patricia Otero e Flora Miranda, caras novas no Parlamento galego. LAVANDEIRA JR
Patricia Otero e Flora Miranda, caras novas no Parlamento galego. LAVANDEIRA JR

A burelense substitúe a Quiroga na bancada socialista e a de Cariño releva a Barahona en En Marea

A incorporación de dúas novas mulleres como deputadas na Cámara galega na sesión plenaria deste martes fai que a paridade no Hórreo se aproxime á igualdade con 36 deputadas mulleres fronte a 39 homes.

Esta situación dáse despois de que o primeiro pleno ordinario do novo período de sesións arrincase coa toma de posesión do cargo da burelense Patricia Otero (PSdeG) e Flora Miranda (En Marea) para o que ambas empregaron a fórmula "si prometo".

A socialista accede ao Parlamento pola circunscrición de Lugo en substitución de José Antonio Quiroga, que pasou a presidir a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, mentres que Miranda ocupará o posto Magdalena Barahona, que o pasado xullo anunciou que abandonabaa o Parlamento por problemas de saúde.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /gl/articulo/galicia/case-metade-deputados-son-mulleres-chegada-patricia-outeiro-flora-miranda/201809111306501332896.html


© 2018 El Progreso de Lugo

Rúa Ribadeo 5, Lugo

Tlfno: 982 29 81 00

(Grupo El Progreso)