A casa do Ratiño Pérez de Vilalba sofre un acto vandálico

O suceso causou unha onda de indignación entre os veciños
A casa do Ratonciño Pérez tras o acto vandálico. FACEBOOK
photo_camera A casa do Ratonciño Pérez tras o acto vandálico. FACEBOOK

A través da súa conta de Facebook, o Ratiño Pérez de Vilalba deu conta de que a súa casa sufriu un acto vandálico.

"Isto é o que pasa cando non hai civismo", denunciou o emblemático personaxe, aportando fotografías do estado da súa vivenda.

Varios veciños quixeron solidarizarse co afectado ao tempo que amosaban a súa indignación polo acto vandálico.

Comentarios