"Esperemos que a obra guste, e moitos xa imaxinan o que é"

A capela da Guadalupe estrea unha nova escultura creada por Pepón Gómez e Clara Naseiro

A capela da Guadalupe, na parroquia vilalbesa de Sancovade, brillou este sábado en todo o seu esplendor con motivo das súas festas. Aproveitando a ocasión, a asociación do cemiterio de Sancovade decidiu presentar unha peza creada por José Pepón Gómez de Bernardo e Clara Naseiro. Descubriuse logo da misa das 13.30 horas.

Falamos con Pepón Gómez, un dos creadores da escultura:

Pepón Gómez. EP

Cantos días durou o proceso de creación?
Alí, tallando a árbore, estivemos catro días e para dar forma á pedra, traballei uns cinco ou seis, nos ratos libres.

Como foi traballar con Clara?
Moi ben, somos amigos e na Feira da Artesanía de Vilalba, por exemplo, sempre facemos unha peza a medias.

Que reacción agardan da xente?
Esperemos que guste, aínda que moitos xa se fan unha idea. Os veciños de Sancovade creo que xa supoñen o resultado. Tamén hai que dicir que o día que colocamos a obra de pedra a carón da de madeira había case unha bancada de curiosos.

Cando comezou a súa afección pola escultura?
Hai moito tempo, pero no plano ornamental comecei haberá uns sete ou oito anos.

Gústalle algún estilo en concreto?
Gústame facer de todo e canto máis difícil, mellor.

Comentarios