Alejandra Rouco gaña 1.500 euros no concurso 'Merca, bule e gaña' de Vilalba

A agraciada poderá desfrutar do seu premio na mañá deste sábado, onde deberá gastar os cartos nun periodo máximo de dúas horas, e nun mínimo de seis establecementos
Un momento da entrega do premio a Alejandra Rouco (esquerda). EP
photo_camera Un momento do sorteo, con representantes de Sete Pontes e do Concello. EP

Alejandra Rouco Pérez foi a gañadora do sorteo dos 1.500 euros do concurso Merca, bule e gaña co comercio local, unha iniciativa posta en marcha durante estas datas navideñas pola asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba, e que contou coa colaboración do Concello e de Caixa Rural Galega.

A agraciada poderá desfrutar do seu premio na mañá do próximo sábado, día 11, cando deberá gastar os 1.500 euros nun periodo máximo de dúas horas e nun mínimo de seis establecementos participantes, nos que non poderá superar os 250 euros de gasto por negocio.

Durante as compras, Alejandra Rouco estará permanentemente acompañada dunha representación do Concello e de Sete Pontes, que se encargará de velar polo estrito cumprimento dos tempos e o respecto polas normas.