Renfe reestablece a conexión entre Vigo e Porto

Polo de agora só haberá un servizo por sentido ao día
Un viajero sube al tren Celta en la estación de Campanha. AGN
photo_camera Un viajero sube al tren Celta en la estación de Campanha. AGN

O tren internacional Celta, que cobre o traxecto Vigo-Porto volverá a circular desde o vindeiro 16 de agosto, pero polo momento só haberá un servizo por sentido ao día. Así llo comunicou Renfe este xoves ao comité de empresa de Pontevedra.

O tren con destino Porto sairá de Vigo 8.58 horas e o que fai o percorrido contrario partirá ás 8.13 da estación lusa en dirección á cidade olívica.

Por outra banda, o sindicato CGT solicitou a Renfe o restablecemento do servizo presencial de axuda a persoas con mobilidade reducida (PMR) ATENDO que "polo de agora estase a ofertar só con solicitude de antelación de tres horas da salida do tren".

O sindicato lembra que "este servizo xa está a funcionar de xeito presencial" nunha quincena de estacións españolas polo que solicita a súa restauración presencial en Galicia. CGT xustifica a súa petición ao expoñer que Galicia é "a primeira comunidade autónoma por taxa de poboación con discapacidade e a segunda con maior número de habitantes maiores de 70 anos e a segunda tamén con maior índice de envellecemento".

Ademais, o sindicato pide a restauración do servizo de atención o viaxeiro e restauración a bordo dos trens de longa distancia, "xa que trens como o Galiza-Madrid ou Galiza-Barcelona cunha duración de viaxe de 7 horas –dende Ferrol– e 13.40 horas– respectivamente van sen servizo de cafetería algún", apuntan.

Comentarios