Dúas persoas seguen ingresadas polo accidente do Marisquiño

Un dos afectados segue no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e outro, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Accidente en O Marisquiño. SALVADOR SAS
photo_camera Accidente no Marisquiño. SALVADOR SAS

Dúas persoas continúan ingresadas tras resultar feridas o accidente do Marisquiño e unha foi dada de alta nas últimas horas, informa a Consellería de Sanidade da Xunta.

Un dos afectados segue no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e outro, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Xa só quedan estas dúas persoas hospitalizadas polo accidente ocorrido a noite do pasado domingo nun concerto en Vigo, nun suceso que se saldou con máis de 467 persoas feridas de distinta consideración tras o derrube do chan no Parque das Avenidas de Vigo.

A Consellería de Sanidade agradece nun comunicado o traballo de todos os profesionais do 061 e dos puntos de atención continuada e hospitais. 

Comentarios