Abel Caballero sostén que non ten ambicións máis aló de Vigo e a Femp

"Se iso parécelles pouco... A min paréceme que é o límite do que podo facer", reflexionou Caballero ante os medios

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, situou o seu "límite" en acción política na cidade e na presidencia da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Preguntado polo seu peso dentro do PSdeG, Caballero respondeu que o seu liderado "é Vigo", que é "onde fago política", dixo, e onde está o seu "ámbito de desenvolvemento".

E como presidente da FEMP, engadiu, "exerzo tamén ese liderado nos concellos e deputacións".

"Se iso parécelles pouco... a min paréceme que é o límite do que podo facer", reflexionou Caballero, quen proclamou que a súa "vocación total e absoluta é Vigo", como tamén co municipalismo en España como "un firme convencido" que é da importancia dos concellos no desenvolvemento de España.

Comentarios