Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

A Xunta destina máis de 6.100 euros a un programa de conciliación en Palas

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitará o programa de conciliación. SEBAS SENANDE
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitará o programa de conciliación. SEBAS SENANDE

O proxecto busca a avinza nas familias do rural

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitou o luns o programa Xogando no verán, en Palas de Rei, un proxecto que financia a Xunta de Galicia con máis de 6,100 euros e que se encamiña a fomentar a conciliación familiar nos municipios rurais da comunidade. Nel participan 95 nenos e nenas.

O Goberno galego promove estas medidas, co fin de facilitar a conciliación nas familias do rural e que teñan así igualdade de oportunidades e de acceso a estas actuacións, independentemente do lugar onde residan. Para iso, a Xunta de Galicia dispón este ano dun orzamento superior aos 780,000 euros.

O municipio de Palas, ademais, benefíciase da colaboración da Xunta no mantemento do seu Centro de Información á Muller, que abarca tamén os concellos de Antas de Ulla, Guntín e Portomarín.

López Abella subliñou, neste sentido, que con accións como esta se pon de manifesto a cooperación institucional en materia de conciliación.

A Xunta destina máis de 6.100 euros a un programa de conciliación...
Comentarios