martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

A Xunta amplía a colaboración con Pas para as visitas ao castelo de Pambre 

Visitantes no exterior do castelo de Pambre. J. VÁZQUEZ (AEP)
Visitantes no exterior do castelo de Pambre. J. VÁZQUEZ (AEP)

O convenio permitirá abrir no interior unhas dependencias destanadas á vixilancia, información e guía de visitas da fortaleza

O Consello da Xunta deu luz verde este xoves ao convenio de colaboración entre Consellería de Cultura e Turismo e o Concello Palas de Rei para ampliar ata 2022 o apoio á súa apertura a visitas turísticas.

De tal forma, o castelo abrirá de martes a domingo –do 1 de abril ao 31 de outubro– entre as 11.00 e 14.00 horas, así como de 16.00 a 20.00 horas. Entre o 1 de novembro e o 31 de decembro poderá visitarse de martes a domingo entre as 12.00 e as 17.30 horas.

O castelo é unha das poucas fortalezas militares medievais que quedan en pé tras a Revolta Irmandiña. Foi adquirido pola Xunta en 2017 e leva inertidis máis de dous millóns de euros para a súa conservación e posta en valor.

Este convenio permitirá ao Concello incluír dentro do recinto do castelo unha oficina de vixilancia, información e guía de visitas que xestionará integramente a corporación local.

Ademais, a Xunta subliña que con esta actuación poténciase o patrimonio cultural do Camiño Francés e a súa divulgación, coa apertura seis días á semana.

A Xunta amplía a colaboración con Pas para as visitas ao castelo de...
Comentarios