A Xunta abre unha nova convocatoria do programa Galicia Emprende Rural

O director do Igape fixo o anuncio nunha visita á empresa palense Eme Inversia, que grazas a este plan recibiu unha axuda de 70.000 euros
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Javier Arias, Fernando Guldrís y Jesús Manuel Graña, en su visita a Eme Inversa. SEBAS SENANDE

O director do Igape, Fernando Guldrís, anunciou que ata o próximo 8 de marzo manterase aberto o prazo de solicitudes para que as empresas interesadas poidan apuntarse á nova convocatoria do Galicia Emprende Rural, un programa co que a Consellería de Economía, Empresa e Innovación espera apoiar 70 novas iniciativas industriais no medio rural, o que suporá xerar "uns 200 postos de traballo", segundo indicou.

Fernando Guldrís fixo este anuncio nunha visita que realizou este xoves ás instalacións da empresa Eme Inversia, pertencente ao grupo Jim Sports, situada no polígono empresarial de Palas de Rei.

Fernando Guldrís recordou que a iniciativa levada a cabo por esta empresa palense é "unha das máis de 40 que o Goberno galego ten impulsado a través deste programa na provincia de Lugo"

Acompañado, entre outros, polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, e o xerente de Jim Sports, Jesús Manuel Graña, Guldrís recordou que, grazas a este programa de axudas, Eme Inversia —empresa especializada en deseño e impresión— recibiu unha subvención de 70.000 euros, o que lle permitiu adquirir "a tecnoloxía necesaria para abordar a sublimación textil, técnica que permite ao cliente deseñar á súa medida a colección que necesite", segundo indicou.

Ao longo da súa intervención, Fernando Guldrís recordou que a iniciativa levada a cabo por esta empresa palense é "unha das máis de 40 que o Goberno galego ten impulsado a través deste programa na provincia de Lugo, mobilizando non seu conxunto preto de 2,5 millóns de euros".

Esta subvención permitiu a Eme Inversia adquirir "a tecnoloxía necesaria para abordar a sublimación textil, técnica que permite ao cliente deseñar á súa medida a colección que necesite"

Na edición do Galicia Emprende Rural que agora se vai a pór en marcha, a contía das axudas mínimas concedidas por beneficiario será de 20.000 euros, mentres que as máximas ascenden a 45.000. "Os investidores que se acollan a esta liña de apoios deberán desenvolver os seus plans empresariais de negocio en 18 meses e recibirán un adianto do 60% da axuda concedida, logo da notificación da resolución", explicou o director do Igape.

Comentarios