Vilar de Doas acolle o día 13 unha feira de segunda man na Casa do Río

O programa da celebración inclúe unha comida de confraternidade

A Casa do Río da parroquia palense de Vilar de Doas celebra este sábado unha feira de segunda man. A xornada arrincará sobre as 10.00 horas coa apertura de postos.

Sobre as 14.00 celebrarase unha comida de confraternidade. A continuación, de 16.00 a 20.00 horas haberá un taller de iniciación ao baile tradicional a cargo de Miguel Pardo de Castro por un prezo de 15 euros. O día pecharase cunha animada foliada que arrincará sobre as 20.00 horas e prolongarase ata a noite.

Os interesados en levar artigos á feira de segunda man ou obter máis información sobre a xornada poden chamar ao número de teléfono 653.82.04.44 ou contactar cos organizadores a través do Facebook acasadorio/arte.

Comentarios