Son d'Aldea homenaxea ás persoas maiores e ó rural galego no Castelo de Pambre

Unhas 500 persoas desfrutatron das obras interpretadas por actores e veciños nesta novena edición

A memoria agromou por cada esquina do castelo de Pambre no día de este sñabado. A IX edición do festival palense Son D'Aldea celebrouse por primeira vez neste escenario. Os mozos e mozas encheron de novo os camiños para mocear, os afiadores retomaron oficio e as cesteiras volveron darlle uso ás mans.

Coa excusa de buscar o ouro agochado no castro de Remonde, arredor de 500 persoas escoitaron ben atentas os contos dos veciños e veciñas. A curiosidade da xente máis nova fixo revivir a vida e os xogos de antes. Mentras que os de máis idade interpretaron a que foi a súa realidade outrora. 

Todos eles parecían actores profesionais ao longo das oito esceas e outras tantas transicións que se extenderon ata case a entrada da tarde en Palas de Rei. 

Despois de xantar, á sombra da carballeira da parroquia de Albá, as cántigas de Elena e os Melidaos animaron os bailes do fin dunha xornada na que a moura do castelo non se deixou ver. 

'OS OLLOS DA EXPERIENCIA'. Este ano roteiro celebrouse baixo o nome de Os Ollos da Experiencia, e contou con obras interpretadas por 104 personas, entre os que se atopaban membros do grupo palense Metátese Teatro e actores afeccionados integrados polos propios veciños da comarca ulloana, desde o máis novo, con só seis anos, ao máis lonxevo, de 96. 

Desde a organización destacaron o gran éxito da iniciativa, que esgotou todas as entradas aos poucos días de poñelas á venda. 

Esta edición tiña ademais como finalidade ser unha homenaxe ás persoas maiores. "Mergullámonos na súa existencia harmónica nos eidos, na familia, como punto de unión e de experiencia... As súas pegadas conforman as palabras do saber, dos contos e da memoria", resaltaron os organizadores, que explicaron que "todas as representacións tiveron como nexo común a transmisión da súa sabedoría". Resaltaron que Son D´Aldea naceu como un "espazo de intercambio entre os asistentes que pretende manter viva as lendas e a nosa historia". 

Tras o éxito desta edición os promotores xa están pensando na seguinte edición. "Será unha cita especial na que a celebración cumpre unha década. Por iso recuperaremos escenas da primeira edición co fin de facer unha homenaxe ás persoas que nos axudaron a sacar adiante esta iniciativa e xa non están con nós", avanzaron. 

Comentarios